Non me toques os soportais
(Publicado orixinalmente en Vivir na Coruña, o 30 de marzo de 2014) Soportais da Mariña: os únicos tolerados polas normas do 1791 (foto FirkinCat, Wikimedia Commons) Xa sei que o sabedes. Que o de Waterworld é unha historia real baseada na Coruña. Que máis que coches híbridos o que necesitamos aquí son coches anfibios. Vamos, que na Coruña chove . Chove moito, e é case crueldade teimar máis nelo. A cousa é que, cando un pasea por Compostela e se percorre media zona vella de soportal en soportal, chega á inevitable cuestión. Pero por que demo hai tan poucos soportais no centro da Coruña ? Eran masocas os antigos coruños? Eran atlantes? Parece inexplicable, pero… O certo é que aquí si houbo soportais. E moitos . Houbo soportais até aburrir. Mais, sexamos sinceiros: a Coruña do 1700 non era Compostela. Apenas era un poboachón portuario, cunha antiga torre esmorecida, un feixe de modestas igrexas -co permiso da de san Xurxo- e, iso si, unhas defensas espe...