Publicacións

De hospitais e torneos de fútbol

Imaxe
(Publicado orixinalmente en Vivir na Coruña , o 29 de maio de 2014) O Hospital da Caridade (imaxe: Foto Blanco) Os nomes das rúas son  fósiles urbanos . Un fósil urbano é un elemento da cidade que perdeu o seu contexto orixinal, e que fica como descolocado nunha cidade sempre cambiante. Non sei se o termo é moi científico, pero a min gústame chamarlles así. Como vos dicía, un grupo destes fósiles son os nomes das rúas. Sobre todo nos barrios antigos,  os nomes das rúas tiñan a maioría das veces relación co lugar onde estaban ou co que alí se facía , mais esta relación en moitos casos xa non existe, e só fica o nome da rúa como lembranza. O clásico exemplo son as ruas gremiais: Zapatería, Ferrerías, Panadeiras… Nin zapateiros, nin ferreiros, ni panade… oh, wait, hai algunha panadería en Panadeiras… Demos, entendíchedes perfectamente o que quero dicir. A rúa Hospital  sube de Salesianos en dirección ao Campo da Leña, e pasa a carón do instituto de Zalaeta, onde tantos habi

A capela agochada

Imaxe
(Publicado orixinalmente en Vivir na Coruña , o 14 de setembro de 2014) Restos da capela de Atocha (foto: Eloy Vázquez) Todas as cidades con historia teñen un pouco das  sete Troias . Troia estivo habitada desde tempos tan inmemoriais que os arqueólogos chegaron a atopar restos de sete cidades, construídas unha sucesivamente sobre os restos da anterior, case como as capas dunha cebola. Salvando as distancias coa mítica cidade,  A Coruña vai acumulando tamén as súas propias capas de cebola . E, ás veces, facer unha obra na zona histórica da cidade implica que poden aparecer restos das vellas Coruñas que críamos perdidas para sempre, coma pantasmas ancestrais que, de repente, volven á luz igual que unha fotografía desgastada doutros tempos. Isto é, máis ou menos, o que pasou hai pouco no  barrio das Atochas . As Atochas comezaron a formarse a mediados do século XVIII ao redor da capela do mesmo nome, nunha zona extramuros que, na Idade Media, ocupara o antigo barrio de San

Unha bala perdida

Imaxe
(Publicado orixinalmente en Vivir na Coruña, o 17 de abril de 2014) O boquete da Casa de Paredes (foto: Eloy Vázquez) Hoxe vouvos contar unha historia da Guerra Civil . Esa que parece xa relegada aos libros de historia e ás películas de Saura, mais que mantén algunhas cicatrices aínda non ben pechadas. O meu avó contaba que, na Coruña,  a guerra foron “catro tiros” . É certo que en Galiza o golpe triunfou axiña, e non se chegou a formar unha verdadeira fronte de guerra. Porén, a represión posterior deixou miles de mortos, que non puideron nin sequera defenderse no campo de batalla. Mais para ser “catro tiros”, deixaron boa pegada. Logo vos conto. Tralo golpe do 17 de xullo, na Coruña chegouse a organizar unha defensa por parte dos obreiros, e mesmo puxéronse en camiño grupos de miliciáns desde os arredores da cidade, incluso procedentes de Santiago… Mais todo o esforzo foi en van. O día 20 de xullo, antes de chegar as brigadas obreiras, os militares tomaron os puntos clave

La Corogne, mon amour

Imaxe
(Publicado orixinalmente en Vivir na Coruña, o 6 de novembro de 2014) Ney, na praza de Lugo (foto: Eloy Vázquez) Remataba 2014, e Ney marchou . O can máis famoso da Coruña gardara, durante trece anos, a floraría da praza de Lugo. Só uns días antes de deixarnos, unha amiga da súa dona contábame que Ney, malia que estaba xordiño e con cataratas, non negaba unha boa ración de mimos, e os nenos da rúa aínda tiñan a oportunidade de xogar con el. Tanta era a súa sona e o cariño que lle tiñan os veciños que pouco despois  volveu á praza convertido en estatua , uníndose ao selecto clube dos animais recoñecidos cun monumento. O nome de Ney, posto en lembranza doutro cadelo precedente, é en realidade  unha reminiscencia do amor-odio que Galicia, e España en xeral, manteñen desde lonxe co veciño francés . Cando a Napoleón se lle deu por ampliar o seu xardín a base de invadir países europeos, enviou a Galicia, entre outros, a  Michel Ney , mariscal do Imperio que non se andaba con dema

A cidade de auga doce

Imaxe
(Publicado orixinalmente en  Vivir na Coruña,  o 17 de agosto de 2014) A Fonte dos Frailes en Visma (foto: EVF) Coinciden Manolo Rivas e Xurxo Souto en pintar á Coruña como unha  cidade-barco , unha  lancha de pedra asomada ao mar  na que, como di Xurxo, os coruñeses vivimos ás veces máis como terrícolas que como mariñeiros. É irónico que, con tanta auga ao redor (incluíndo a que nos vén de arriba),  A Coruña teña sido, noutras épocas, unha cidade con problemas para conseguir auga... para beber . Auga doce. Mais é que, se vos fixades, non temos moito río na cidade. O máis cercano é o  Monelos  (hoxe, e con todos os respectos aos nativos do seu barrio homónimo, unha sorte de río-topo, do que sabemos que está cando o exceso de choiva fai agromar a auga cara fóra das canalizacións). Fóra deste río, ou regato, e dalgún pequeno manantial, como a  Fonte Seoane , da que hoxe aínda fica o nome máis que a súa auga en Monte Alto, non había -nin hai- no concello ríos cun caudal import