Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xullo, 2017

A cidade de auga doce

Imaxe
(Publicado orixinalmente en  Vivir na Coruña,  o 17 de agosto de 2014) A Fonte dos Frailes en Visma (foto: EVF) Coinciden Manolo Rivas e Xurxo Souto en pintar á Coruña como unha  cidade-barco , unha  lancha de pedra asomada ao mar  na que, como di Xurxo, os coruñeses vivimos ás veces máis como terrícolas que como mariñeiros. É irónico que, con tanta auga ao redor (incluíndo a que nos vén de arriba),  A Coruña teña sido, noutras épocas, unha cidade con problemas para conseguir auga... para beber . Auga doce. Mais é que, se vos fixades, non temos moito río na cidade. O máis cercano é o  Monelos  (hoxe, e con todos os respectos aos nativos do seu barrio homónimo, unha sorte de río-topo, do que sabemos que está cando o exceso de choiva fai agromar a auga cara fóra das canalizacións). Fóra deste río, ou regato, e dalgún pequeno manantial, como a  Fonte Seoane , da que hoxe aínda fica o nome máis que a súa auga en Monte Alto, non había -nin hai- no concello ríos cun caudal import

Non me toques os soportais

Imaxe
(Publicado orixinalmente en Vivir na Coruña, o 30 de marzo de 2014) Soportais da Mariña: os únicos tolerados polas normas do 1791 (foto FirkinCat, Wikimedia Commons) Xa sei que o sabedes. Que o de Waterworld é unha historia real baseada na Coruña. Que máis que coches híbridos o que necesitamos aquí son coches anfibios.  Vamos, que na Coruña chove . Chove moito, e é case crueldade teimar máis nelo. A cousa é que, cando un pasea por Compostela e se percorre media zona vella de soportal en soportal, chega á inevitable cuestión. Pero por que demo  hai tan poucos soportais no centro da Coruña ? Eran masocas os antigos coruños? Eran atlantes? Parece inexplicable, pero… O certo é que aquí si houbo soportais.  E moitos . Houbo soportais até aburrir. Mais, sexamos sinceiros: a Coruña do 1700 non era Compostela. Apenas era un poboachón portuario, cunha antiga torre esmorecida, un feixe de modestas igrexas -co permiso da de san Xurxo- e, iso si, unhas defensas espectaculares para o s