Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta Teatro Rosalía de Castro

Unha bala perdida

Imaxe
(Publicado orixinalmente en Vivir na Coruña, o 17 de abril de 2014) O boquete da Casa de Paredes (foto: Eloy Vázquez) Hoxe vouvos contar unha historia da Guerra Civil . Esa que parece xa relegada aos libros de historia e ás películas de Saura, mais que mantén algunhas cicatrices aínda non ben pechadas. O meu avó contaba que, na Coruña,  a guerra foron “catro tiros” . É certo que en Galiza o golpe triunfou axiña, e non se chegou a formar unha verdadeira fronte de guerra. Porén, a represión posterior deixou miles de mortos, que non puideron nin sequera defenderse no campo de batalla. Mais para ser “catro tiros”, deixaron boa pegada. Logo vos conto. Tralo golpe do 17 de xullo, na Coruña chegouse a organizar unha defensa por parte dos obreiros, e mesmo puxéronse en camiño grupos de miliciáns desde os arredores da cidade, incluso procedentes de Santiago… Mais todo o esforzo foi en van. O día 20 de xullo, antes de chegar as brigadas obreiras, os militares tomaron os pun...