Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta acueducto

A cidade de auga doce

Imaxe
(Publicado orixinalmente en  Vivir na Coruña,  o 17 de agosto de 2014) A Fonte dos Frailes en Visma (foto: EVF) Coinciden Manolo Rivas e Xurxo Souto en pintar á Coruña como unha  cidade-barco , unha  lancha de pedra asomada ao mar  na que, como di Xurxo, os coruñeses vivimos ás veces máis como terrícolas que como mariñeiros. É irónico que, con tanta auga ao redor (incluíndo a que nos vén de arriba),  A Coruña teña sido, noutras épocas, unha cidade con problemas para conseguir auga... para beber . Auga doce. Mais é que, se vos fixades, non temos moito río na cidade. O máis cercano é o  Monelos  (hoxe, e con todos os respectos aos nativos do seu barrio homónimo, unha sorte de río-topo, do que sabemos que está cando o exceso de choiva fai agromar a auga cara fóra das canalizacións). Fóra deste río, ou regato, e dalgún pequeno manantial, como a  Fonte Seoane , da que hoxe aínda fica o nome máis que a súa auga en Monte Alto, non había ...