Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta soportais

De hospitais e torneos de fútbol

Imaxe
(Publicado orixinalmente en Vivir na Coruña , o 29 de maio de 2014) O Hospital da Caridade (imaxe: Foto Blanco) Os nomes das rúas son  fósiles urbanos . Un fósil urbano é un elemento da cidade que perdeu o seu contexto orixinal, e que fica como descolocado nunha cidade sempre cambiante. Non sei se o termo é moi científico, pero a min gústame chamarlles así. Como vos dicía, un grupo destes fósiles son os nomes das rúas. Sobre todo nos barrios antigos,  os nomes das rúas tiñan a maioría das veces relación co lugar onde estaban ou co que alí se facía , mais esta relación en moitos casos xa non existe, e só fica o nome da rúa como lembranza. O clásico exemplo son as ruas gremiais: Zapatería, Ferrerías, Panadeiras… Nin zapateiros, nin ferreiros, ni panade… oh, wait, hai algunha panadería en Panadeiras… Demos, entendíchedes perfectamente o que quero dicir. A rúa Hospital  sube de Salesianos en dirección ao Campo da Leña, e pasa a carón do instituto de Zalaet...

Non me toques os soportais

Imaxe
(Publicado orixinalmente en Vivir na Coruña, o 30 de marzo de 2014) Soportais da Mariña: os únicos tolerados polas normas do 1791 (foto FirkinCat, Wikimedia Commons) Xa sei que o sabedes. Que o de Waterworld é unha historia real baseada na Coruña. Que máis que coches híbridos o que necesitamos aquí son coches anfibios.  Vamos, que na Coruña chove . Chove moito, e é case crueldade teimar máis nelo. A cousa é que, cando un pasea por Compostela e se percorre media zona vella de soportal en soportal, chega á inevitable cuestión. Pero por que demo  hai tan poucos soportais no centro da Coruña ? Eran masocas os antigos coruños? Eran atlantes? Parece inexplicable, pero… O certo é que aquí si houbo soportais.  E moitos . Houbo soportais até aburrir. Mais, sexamos sinceiros: a Coruña do 1700 non era Compostela. Apenas era un poboachón portuario, cunha antiga torre esmorecida, un feixe de modestas igrexas -co permiso da de san Xurxo- e, iso si, unhas defensas espe...